Horsal S.C.G. foi fundada a finais de 1985 por 16 agricultores e agricultoras, visionarios que apostaron por sacar adiante un proxecto ilusionante, con poucos medios e moito tesón, querendo dignificar a horticultura como medio de vida e buscando na asociación baixo a fórmula cooperativa un medio para desenvolver económica e socialmente a comarca do Salnés (Pontevedra)
Dende aqueles duros inicios mantívose un constante esforzo de formación, innovación e profesionalización, para conseguir facer as cousas un pouco mellor cada día. Fóronse integrando novos socios, ampliando a área xeográfica de influencia, incorporando novos cultivos e novas técnicas, acometendo importantes investimentos en instalacións e equipos.
Estes trinta anos de continua aprendizaxe fixeron de Horsal unha organización cunha sólida cultura orientada “á túa alimentación saudable”. En todas as fases desde a planificación dos cultivos ata a posta a disposición dos nosos produtos polo consumidor, coidamos meticulosamente todos os procesos e procedementos: seguimento dos cultivos, organización do momento óptimo de recolección, manipulación e envasado na nosa central, para ofrecerche