Xudía verde helda

Xudía verde helda

4,25 

  • Dispoñibilidade: Maio – Outubro.
  • Presentación: Granel: caixa de cartón de 4 kg e caixa de madeira de 6 kg.
  • Manipulada: malla de 500 gr e flow-pack de 500 gr.
A xudía producida na nosa cooperativa é tipo Helda, caracterizada por ter vainas planas e rectas, de textura suave, sen apenas fío lateral, cunha lonxitude de entre 15 e 25 cm., moi tenra e de sabor moi suave. É unha das principais leguminosas frescas da nosa gastronomía e, nese sentido, das maiores fontes de proteína vexetal en fresco, algo a ter en conta nas dietas con baixo contido en carnes e peixes. Producímola tanto ao aire libre coma en invernadoiro. En invernadoiro é un dos cultivos nos que o coidado fitosanitario se fai con loita biolóxica.